Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (122/2000).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa,

Fai saber:

Que nos autos que a continuación se dirán, consta dictada a sentencia, con encabezamento e dictame que son do teor literal seguinte:

Que no xuízo executivo número 122/2000, promovido por Banco de Galicia, S.A., contra Ismael José Miguéns Lomba, en reclamación de 2.921.560 pesetas, acordei por providencia desta data citar de remate a dita parte demandada, da que se descoñece o seu domicilio actual, para que no termo de nove días compareza nos autos, e se opoña se lle conviñer, téndose practicado xa o embargo dos seus bens sen previo requirimento de pagamento, dado o seu ignorado paradoiro. De non comparecer recaerá sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito. As copias da demanda encóntranse á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Bens obxecto de embargo:

1. Vivenda sita na rúa Pintor Xenaro Carrero, s/n, 3ª planta, porta A, do edificio Naciente, na urbanización Hermanos Labarta de Noia, inscrita no tomo 944, libro 203, folio 134, predio 15.309, do Rexistro da Propiedade de Noia.

2. Praza de garaxe sita na rúa Pintor Xenaro Carrero, s/n, soto, do edificio Naciente na urbanización Hermanos Labarta de Noia, correspondente a 3/43 partes indivisas do predio inscrito no tomo 943, libro 202, folio 142, predio 15.303, do Rexistro da Propiedade de Noia.

3. Rocho sito na rúa Pintor Xenaro Carrero, s/n, do edificio Naciente, na urbanización Hermanos Labarta de Noia, correspondente a 1/43 parte indivisa inscrita no tomo 943, libro 202, folio 143, predio 15.303, do Rexistro da Propiedade de Noia.

Arzúa, vinteseis de setembro de dous mil.

O secretario

Rubricado