Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se establecen as datas de elección dos membros da Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitario.

A Orde do 11 de novembro de 1999 (DOG do 10 de decembro) creou e regulou a Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitario.

A Resolución do 17 de novembro de 2000, conxunta da Secretaría Xeral e da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se establece o procedemento de elección, constitución, renovación e substitución dos membros da Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitario, establecía no seu artigo 1 que a elección dos directores que formarán parte da Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitario se efectuará a continuación do proceso de renovación das xuntas provinciais de directores, nas datas fixadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por corresponderlle no curso 2000-2001 a renovación das xuntas provinciais de directores, a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, en uso das atribucións expresadas na disposición derradeira primeira da Orde do 11 de novembro de 1999,

RESOLVE:

Primeiro.-A elección dos directores que formarán parte da Xunta Autonómica de Directores de Centros de Ensino non Universitario efectuarase a continuación do proceso de renovación das xuntas provinciais de directores, de tal xeito que a constitución da xunta autonómica se leve a cabo antes do 23 de decembro de 2000.

Segundo.-Correspóndelle ó delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a convocatoria da dita elección en cada provincia dentro do prazo previsto e o establecemento do calendario de actuacións.

Terceiro.-A regulación do procedemento de elección dos membros da xunta autonómica de directores seguirá o establecido na Resolución do 17 de novembro de 2000, conxunta da Secretaría Xeral e da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

Disposición derradeira

Única.-Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa