Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.792

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se convocan os aspirantes para o proceso de selección temporal de 26 prazas de farmacéutico de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

No marco do proceso de implantación da atención farmacéutica nas estructuras da atención primaria do Servicio Galego de Saúde, resulta necesario continuar coas medidas tendentes a racionaliza-la farmacoterapia desenvolvendo actividades concretas destinadas a mellora-la calidade e seguridade na utilización dos medicamentos e productos sanitarios nos pacientes que a precisen, entre as que se destaca a selección de medicamentos e productos sanitarios, a información farmacoterapéutica e a formalización e seguimento da historia farmacoterapéutica dos pacientes dos centros, establecendo un sistema de asesoramento sobre as medidas que permitan a utilización eficiente dos recursos farmacoterapéuticos dispoñibles e o desenvolvemento das ferramentas axeitadas para a avaliación e control das medidas que se adopten.

Para tal fin, resulta necesaria a contratación de 26 farmacéuticos de atención primaria para levar a cabo o programa da consulta farmacéutica e intervención farmacoterapéutica nos servicios de atención primaria das xerencias de atención primaria de Santiago de Compostela, A Coruña-Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra-Vigo.

Tal contratación realizarase na modalidade de obra ou servicio determinado por responder a un programa especial. Polo tanto, a duración deste vínculo será determinada pola duración do programa que a motivou.

Xa que logo, de conformidade coas atribucións conferidas a este centro directivo nos artigos 19 e seguintes do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas e da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos servicios centrais e periféricos do Sergas, trala negociación coas organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Sanitario, esta división,

RESOLVE:

1. Anuncia-la vindeira cobertura, con carácter temporal e con nomeamento de obra ou servicio determinado, de farmacéuticos de atención primaria nos servicios de atención primaria das xerencias de atención primaria de Santiago de Compostela, A Coruña-Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra-Vigo.

Xerencia de atención primaria da Coruña-Ferrol:

Área de saúde da Coruña: 4 farmacéuticos/as.

Área de saúde de Ferrol: 3 farmacéuticos/as.

Xerencia de atención primaria de Santiago de Compostela:

Área de saúde de Santiago de Compostela: 3 farmacéuticos/as.

Xerencia de atención primaria de Lugo:

Área de saúde de Lugo Norte: 2 farmacéuticos/as.

Área de saúde de Lugo Centro: 2 farmacéuticos/as.

Área de saúde de Lugo Sur: 1 farmacéutico/a.

Xerencia de atención primaria de Ourense:

Área de saúde de Ourense: 3 farmacéuticos/as.

Xerencia de atención primaria de Pontevedra-Vigo:

Área de saúde de Pontevedra: 3 farmacéuticos/as.

Área de saúde de Vigo: 5 farmacéuticos/as.

2. As retribucións que percibirán os aspirantes que resulten seleccionados serán as correspondentes, respectivamente, á categoría de farmacéutico de atención primaria. A fixación das contías reflíctese nos orzamentos anuais correspondentes ó persoal de institucións sanitarias dependente do Sergas.

A xornada que deberán desenvolve-los aspirantes que resulten seleccionados será a asignada ó persoal estatutario da mesma categoría, segundo a normativa aplicable ó persoal de institucións sanitarias do Sergas.

Os aspirantes que resulten seleccionados serán sometidos a un período de proba de seis meses de duración, de acordo co artigo 5 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 1 de xullo de 1997 (DOG nº 138, do 18 xullo) pola que se regulamentan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde. Durante a vixencia do período de proba, as partes poderán desistir libremente da vinculación, en comunicación escrita, sen que sexa precisa alegación de causa nin xere dereito a ningunha indemnización por tal motivo.

3. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para tal fin convócanse os aspirantes interesados para que no prazo dos 15 días naturais seguintes ó inicio do prazo, presenten a súa solicitude no modelo normalizado que se achega como anexo I.

4. As solicitudes serán dirixidas á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e deberán presentarse, preferentemente, no rexistro xeral desta consellería, sito no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

5. Para seren admitidos ó proceso selectivo, os aspirantes deberán, acredita-la nacionalidade española ou dun país da Unión Europea ou, de se-lo caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España, e posuí-la titu

lación de licenciado en farmacia. De non acredita-los anteditos requisitos, os aspirantes serán excluídos do proceso de selección.

6. Para a selección dos aspirantes admitidos, procederase á realización dunha proba escrita, na data, lugar e hora que será anunciada no Diario Oficial de Galicia, polo menos, con 15 de días de antelación.

A proba avaliará os coñecementos dos aspirantes sobre farmacoterapia, así como as funcións e actividades como farmacéutico, no ámbito da consulta e intervención farmacoterapéutica nas estructuras de atención primaria da saúde.

A devandita proba será cualificada con setenta puntos. Entenderase superada esta coa obtención de polo menos corenta puntos. Os aspirantes que obteñan unha puntuación inferior a corenta puntos serán excluídos do proceso selectivo.

Os aspirantes que superen a proba escrita serán baremados de acordo cos méritos que se recollen no anexo II. A puntuación total de cada aspirante obterase sumando a puntuación acadada na proba maila que resulte dos méritos acreditados.

Os xustificantes de acreditación dos méritos alegados serán requiridos unha vez superada a proba selectiva.

7. Para a selección dos profesionais constituirase unha comisión de baremación para a categoría

obxecto da convocatoria, composta por cinco membros; designados un deles polas organizacións sindicais asinantes do pacto de selección temporal e os outros catro polo órgano convocante e a División de Farmacia e Productos Sanitarios do Sergas.

8. Rematado o proceso, publicarase nos taboleiros de anuncios das xerencias de atención primaria e das direccións provinciais do Sergas a lista provisional, na que figurará necesariamente a relación dos aspirantes admitidos coas puntuacións e a orde obtida, así como os aspirantes excluídos.

Os aspirantes interesados poderán formular, no prazo de dez días a partir do seguinte á data de publicación da lista provisional, reclamación perante a División de Recursos Humanos do Sergas. Trala análise e resolución das reclamacións presentadas, publicarase a lista definitiva.

A adxudicación da cobertura temporal será resolta, entre os aspirantes admitidos, en exacta correspondencia coa orde de preferencia das listas definitivas, ofertándose a cobertura das prazas convocadas na orde de puntuación obtida.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

ANEXO II

Baremo de méritos para a selección de 26 farmacéuticos de atención primaria para os servicios de atención primaria das xerencias de atención primaria de Santiago de Compostela (3 prazas), A Coruña-Ferrol (7 prazas), Lugo (5 prazas), Ourense (3 prazas) e Pontevedra-Vigo (8 prazas).

Requisitos:

1. Licenciado en farmacia.

Baremo de méritos:

I. Formación académica.

A puntuación máxima polo conxunto deste apartado será de 8,5 puntos.

1. Estudios de licenciatura.

*Expedientes nos que figure cualificación cualitativa:

Notable: 0,5 puntos.

Sobresaliente: 1 punto.

Matrícula de honra: 1,5 puntos.

*Expedientes nos que figure exclusivamente cualificación cuantitativa:

Entre 5 e menos de 7: 0,2 puntos.

Entre 7 e menos de 9: 0,5 puntos.

Entre 9 e 10: 1 punto.

Para a valoración dos expedientes seguiranse os seguintes criterios:

-Para os expedientes resultantes de plans de estudios non renovados (plan do 1973 e anteriores). A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias dos estudios, expresando o cociente cos dous números decimais obtidos. Non se valorarán as materias relativas ó idioma, relixión, formación política e educación física.

-Para os expedientes resultantes de plans de estudios renovados. A suma que resulte da multiplicación dos créditos das materias pola cualificación de cada materia, dividirase polo número total de créditos necesarios para obte-la titulación.

-As materias optativas e, se é o caso, as de libre configuración, cursadas a maiores das esixidas polos plans de estudios, non se terán en conta para a valoración dos expedientes.

*Grao de licenciado en farmacia: 0,5 puntos.

2. Estudios posgrao.

*Terceiro ciclo: 0,5 puntos.

*Título de doutor en farmacia: 2 puntos.

*Título de farmacéutico especialista en farmacia hospitalaria: 3,5 puntos.

*Título de farmacéutico especialista noutras disciplinas: 0,5 puntos.

II. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible polo conxunto de méritos neste epígrafe será de 15 puntos.

1. Exercicio como farmacéutico de atención primaria en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

Por cada mes de servicios prestados 0,06 puntos. Máximo 5 puntos.

2. Exercicio como farmacéutico especialista en farmacia hospitalaria en institucións sanitarias de asistencia especializada tanto públicas como privadas.

Por cada mes de servicios prestados 0,05 puntos. Máximo 5 puntos.

3. Exercicio como farmacéutico titular, rexente, substituto ou adxunto de oficina de farmacia.

Por cada mes de servicios prestados 0,04 puntos. Máximo 5 puntos.

III. Formación continuada.

A puntuación máxima posible neste epígrafe será de 3 puntos.

1. Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento dos cales a disciplina impartida teña relación directa coa atención farmacéutica, acreditados polas administracións sanitarias ou de ensino e/ou impartidos por centros públicos ou privados, organizacións sindicais, colexios ou asociacións profesionais e científicas:

Valorarase do seguinte xeito. Puntuación máxima 2 puntos.

Duración do curso (créditos)Puntos

De 1 a 20,05

De 2 a 50,10

De 5 a 100,20

De 10 a 400,50

Máis de 401,00

Computaranse os cursos realizados nos últimos 10 anos, non valorándose aqueles nos que non conste a duración destes.

2. Polos servicios prestados como profesor ou relator de materias relacionadas directamente coa atención farmacéutica en cursos acreditados polas administracións sanitarias ou de ensino e/ou centros públicos ou privados, organizacións sindicais, colexios ou asociacións profesionais e científicas nos últimos 5 anos:

0,05 puntos por cada crédito impartido ata un máximo de 1 punto.

IV. Publicacións e traballos científicos.

A puntuación máxima que se poderá acadar neste epígrafe será de 2 puntos.

1. Polos traballos publicados en revistas científicas relacionadas directamente coa atención farmacéutica nos últimos 5 anos.

Valorarase do seguinte xeito, tendo en conta a orde de sinatura na publicación:

Como primeiro autor: 0,20 puntos.

Como segundo autor: 0,10 puntos.

Como terceiro autor: 0,05 puntos.

2. Polos traballos de comunicacións a reunións científicas relacionadas directamente coa atención farmacéutica nos últimos 5 anos.

Valorarase do seguinte xeito, tendo en conta a orde de sinatura na comunicación:

Como primeiro autor: 0,10 puntos.

Como segundo autor: 0,05 puntos.

Como terceiro autor: 0,02 puntos.

V. Coñecemento do idioma galego.

A puntuación máxima neste epígrafe será de 1,5 puntos.

Certificado de aptitude de iniciación: 0,5 puntos.

Certificado de aptitude de perfeccionamento: 1,5 puntos.

NOTA: para a avaliación dos méritos teranse en conta os seguintes criterios xerais:

-1 crédito equivale a 10 horas.

-As materias relacionadas directamente coa atención farmacéutica, serán aquelas que inclúan aspectos das relacións entre os medicamentos e productos sanitarios cos pacientes e da xestión da asistencia sanitaria prestada con medicamentos e productos sanitarios.