Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de novembro de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da dita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, consultadas as organizacións sindicais presen

tes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de novembro de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de novembro de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública