Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.776

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/595/2000 interposto por Javier Naveira Martínez contra a desestimación por silencio administrativo por parte da Consellería da Presidencia e Administración Pública, Secretaría Xeral para o Deporte, sobre responsabilidade patrimonial.

Recibida na Secretaría Xeral para o Deporte a providencia da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/595/2000, interposto por Javier Naveira Martínez contra a desestimación por silencio administrativo da reclamación por responsabilidade patrimonial interposta ante a Secretaría Xeral para o Deporte.

En consecuencia, a Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1965, reguladora da xurisdicción contencioso-administra

tiva modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como demandados no recurso no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2000.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte