Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.756

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COFARO, SOC. COOP. LTDA.

ANUNCIO de fusión.

A Sociedade Cooperativa Cofaro, Sdad. Coop. Ltda., con domicilio en San Xurxo de Asma, s/n, Chantada (Lugo), e CIF nº F/27041144, por medio do presente anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral da cooperativa, na reunión de data 10-11-2000, acordou fusionarse, mediante a constitución dunha nova cooperativa, coas sociedades cooperativas agrarias Chataca, Medela e Codiproga. A nova cooperativa denominarase Icos, S. Coop. Galega.

Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Manuel Varela Rodríguez

Presidente