A Sociedade Cooperativa Agraria Codiproga, Sdad. Coop. Ltda., con domicilio na estrada de Cartelos, s/n, A Barrela, Carballedo (Lugo), e CIF nº F/27036219, por medio do presente anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral da cooperativa, na reunión de data 10-11-2000, acordou fusionarse, mediante a constitución dunha nova cooperativa, coas sociedades cooperativas agrarias Chataca, Cofaro e Medela. A nova cooperativa denominarase Icos, S. Coop. Galega.
Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.
José Fernández Hermida
Presidente