Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de entradas con destino á Deputación Provincial da Coruña para dúas actuacións circenses nas localidades de Ferrol e Santiago de Compostela.

Expediente 00/10995 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: adquisición dun total de 10.000 entradas a un precio máximo de 1.000 pesetas=6.01 euros por entrada destinadas a invitacións a nenos e mozos da provincia da Coruña, para a súa asistencia a dúas representacións circenses que se van celebrar durante o mes de decembro de 2000 nas localidades de Ferrol e Santiago de Compostela (5.000 entradas en cada cidade).

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: decembro de 2000.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 10.000.000 de pesetas=60.101,21 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña, teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 17 de novembro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña