Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a organización e coordinación dun taller de teatro.

Expediente nº 9856/2000 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: servicios de asistencia técnica á deputación para a organización e coordinación dun taller de teatro.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: 8 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 10.000.000 de pesetas (IVE incluído)=60.101,21 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 14 de novembro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña