Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-3/2000).

O Pleno do Concello, en sesión do día 16 de outubro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ampliación do edificio da Axencia Tributaria, sito

na rúa Comandante Fontanes, número 10 da Coruña, promovido pola Axencia Estatal Tributaria de Administración Tributaria.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestivo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de sesi meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcruso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 19 de outubro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo