Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO.

Aprobado na Comisión Municipal de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 8 de novembro, o prego de condicións económico-administrativas e técnicas que rexerá para a adxudicación do servicio de axuda no fogar do Concello de Cedeira mediante concurso aberto, ó abeiro dos artigos 196, 198, 206 e 208 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a licitación de acordo con el e que en resumo establece:

1. Obxecto: é o obxecto a contratación da prestación do servicio axuda no fogar do Concello de Cedeira.

2. Modalidade e tramitación: ó abeiro do artigo 208 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, en relación co 85, estimando o órgano de contratación que a definición da prestación aprobada pola Administración é susceptible de ser mellorada por outras solucións técnicas, que proporán os licitadores mediante a presentación de variantes, o sistema de adxudicación será mediante concurso aberto.

3. Duración: a duración do contrato será de dous anos a partir da súa sinatura, prorrogándose por anualidades sucesivas no caso de que non se produza denuncia por calquera das dúas partes, con tres meses de anticipación, sen que en ningún caso poida excede-la súa duración, incluídas as prórrogas, de 4 anos.

4. Tipo: fíxase un tipo de licitación de 16.275.000 pesetas anuais, IVE incluído. O pagamento do prezo que propoña o licitador efectuarase en doce mensualidades.

5. Capacidade para contratar: están capacitadas para contrata-las persoas naturais, xurídicas españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación ou, no seu defecto, solvencia económica, financeira ou técnica nos termos dos artigos 16 e 17 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e non estean afectadas por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar, establecidas no dito Real decreto lexislativo 2/2000.

Neste suposto, ademais do da capacidade requirida anteriormente, as empresas adxudicatarias deberán ser persoas físicas ou xurídicas ca finalidade ou actividade teña relación directa co obxecto deste contrato, nos termos fixados no artigo 197 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

A Administración poderá contratar con unións de empresas que se constitúan temporalmente para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas ata que se efectuase a adxudicación) as cales responderán solidariamente ante a Administración e ante a cal designarán un repre

sentante ou apoderado único, sendo necesaria a clasificación de cada unha como empresa de obra.

Vista a conta do servicio que se vai contratar non se esixe clasificación para esta contratación.

6. Garantía provisional: de conformidade co establecido no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, non se esixe a prestación de garantía provisional.

7. Garantía definitiva: a garantía definitiva será do 4% do orzamento do contrato e poderá constituírse de calquera das formas previstas no artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos 15 días hábiles seguintes ó da notificación do concurso. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato.

8. Presentación de proposicións: as propostas presentaranse no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos, das 9 ás 13 horas durante os 15 días naturais seguintes ó da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Tamén poderán presentarse proposicións por correo; neste caso o interesado deberá acreditar, co xustificante correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle o mesmo día ó órgano de contratación, por fax, télex ou telegrama a remisión da proposición; sen tales requisitos non será admitida a proposición, no caso en que se recibise fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.

En todo caso procederase á apertura das proposicións o primeiro mércores hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións ás trece horas, debendo mediar un mínimo de tres días contados desde o remate do prazo.

9. Mesa de contratación: a mesa de contratación estará integrada ou constituída de modo sinalado no acordo plenario do día 2 de agosto de 2000.

10. Criterios base para a adxudicación.

Ó órgano de contratación, finalizado o prazo de presentación de proposicións, examinará a documentación presentada, solicitará os informes procedentes se o considera oportuno e adxudicarallo á empresa logo de valoración consonte os seguintes criterios obxectivos (artigo 86 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño):

a) Rendibilidade social ou fomento do emprego mediante técnicas de autoemprego ou asociacionismo: ata 10 puntos.

b) Melloras técnicas ou alternativas estimadas a criterio da mesa de contratación susceptibles de mellora-la prestación do servicio: ata 5 puntos.

c) O prezo: ata 4 puntos, consonte o seguinte baremo:

-Baixa ata un 5% do tipo de licitación: 1 punto.

-Baixa comprendida entre un 5% e un 10% do tipo de licitación: 2 puntos.

-Baixa comprendida entre un 15% e un 20% do tipo de licitación: 3 puntos.

-Baixa superior a un 20% do tipo de licitación: 4 puntos.

d) Acreditación, mediante calquera medio válido en dereito, do coñecemento do termo municipal de Cedeira: 5 puntos.

11. Documentación: as proposicións constarán de dous sobres pechados denominados A e B nos que se fará consta-lo contido (na forma que se indicará) e o nome do licitador.

B) Condicións técnicas.

1. Obxecto: a contratación que se vai realizar comprende os traballos propios do servicio de axuda no fogar do Concello de Cedeira, debéndose presta-lo servicio de luns a venres con 1.056 horas mensuais comprendidas entre as 9 e as 20 horas.

O servicio desenvolverase como mínimo, nos termos previstos no regulamento de axuda a domicilio, publicado no BOP número 106, do día 20 de maio de 2000, o cal se considera parte integrante deste prego.

2. Xeito de presta-lo servicio: ademais da obriga periódica de revisión fixada na cláusula anterior, o adxudicatario está obrigado a atende-los requirimentos que lle fagan desde o concello en relación co obxecto do contrato no prazo máximo de vintecatro horas, a non ser pola falta de persoal ou ben que exista outra causa, previamente xustificada e aceptada, que o impida.

3. Facultades de dirección: dentro das condicións deste prego, a alcaldía, directamente ou a través dun delegado, indicaralle ó adxudicatario, cando se considere oportuno, o xeito de presta-los servicios.

Para tal efecto o dito servicio será supervisado e controlado periodicamente pola asistente social do concello, como responsable do dito servicio, debendo esta emiti-los correspondentes informes á concelleira encargada ou alcaldía sobre a marcha do servicio, e especialmente advertir de deficiencias en que se poida incorrer.

Cedeira, 7 de novembro de 2000.

Rubricado