Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.698

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Pescanova Chapela, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Pescanova Chapela, S.A., con nº de código 3602622, que tivo entrada nesta delegación o día 16-10-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e daparte social, polo comité de empresa, en data 12-7-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de outubro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Pescanova Chapela, S.A.

Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo establece as bases para as relacións laborais entre a empresa Pescanova Chapela, S.A. e os seus traballadores adscritos ó centro de traballo, sito en Chapela-Redondela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo abrangue todo o persoal do cadro nas súas diferentes categorías profesionais existente no momento da súa sinatura, nos centros de traballo aludidos no artigo anterior, así como os que posteriormente se incorporen ós respectivos cadros de persoal.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2000, cun período de duración ata o 31-12-2000. E será denunciado por escrito, polo menos cun mes de antelación á data do seu vencemento; en caso contrario, prorrogarase por períodos anuais sucesivos.

O conxunto do articulado e as táboas anexas manterán a súa vixencia mentres as partes non acorden modificalo.

Artigo 4º.-Determinación das partes que o concertan.

Este convenio colectivo concértase entre Pescanova Chapela, S.A., representada neste momento por Fernando Ilarri Junquera, Jose Fafián Seijo, Francisco Taboada Costas e o seu comité de empresa, como representación legal dos traballadores, composto polos membros abaixo asinantes.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas, ou as que constan nas respectivas nóminas.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras que durante a súa vixencia e por disposicións legais puidesen establecerse.

Agás o especificado no artigo 21º do presente convenio, no relativo á prima de tarde e prima de baixa temperatura, o persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando dalgún ou dalgunhas condicións máis beneficiosas, deberá conservalas.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: o presidente do comité de empresa, secretario do comité de empresa e un representante de cada un dos sindicatos.

Parte empresarial: cinco membros designados pola empresa.

No caso que existan discrepancias entre as partes e non logre chegarse a un acordo, someteranse á xurisdicción laboral competente.

Organización do traballo.

Artigo 7º.-Principios xerais.

A organización práctica do traballo, respectando a lexislación vixente en cada momento, é facultade

da dirección da empresa e, por delegación, dos seus mandos ou representantes legais.

Todo isto sen mingua das funcións de información que as mesmas disposicións legais lles atribúan ós representantes dos traballadores, comité de empresa e seccións sindicais, se é o caso.

É política común dos traballadores e da dirección o mantemento de actitudes de información, diálogo e negociación que conduzan a esquemas participativos.

A empresa manterá e fomentará a formación e promoción profesional dos seus traballadores. Anualmente comunicaráselle ó comité de empresa o plan de formación.

Artigo 8º.-Regulación.

Os contratos do persoal, calquera que sexa a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

Artigo 9º.-Contratos formativos.

A empresa poderá contratar traballadores en prácticas e para a formación, de acordo coas disposicións legais vixentes.

Polo que se refire ó contrato para a formación, a súa regulación será a seguinte:

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despedimento improcedente, obxectivo, ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato para a formación:

-Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

-Prórroga: mínima de 6 meses.

-Idade: de 16 a 21 anos.

-Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

-Titor: cada dous traballadores como máximo terán un titor, que teña como mínimo o nivel de cualificación que deba adquiri-lo traballador.

Salario: o primeiro ano o 100% do salario base do convenio e o segundo ano o 120% do salario base do convenio.

O número destes traballadores non superar o 5% do persoal fixo.

Artigo 10º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, o persoal a que se refire o artigo 13º do presente convenio; en segundo lugar, o persoal adscrito a outras empresas do grupo e, en terceiro lugar, as peticións dos fillos ou fillas de traballadores en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndolle-lo emprego en todo caso se superan as probas

de aptitude que correspondan. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións e coñecementos non sexan inferiores ós doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informa-lo comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, darase difusión nos taboleiros de anuncios.

O comité de empresa participará consonte o establecido no artigo 6º, no control das probas que fosen necesarias para a contratación de persoal.

Artigo 11º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se vai realizar, conforme á seguinte escala:

-Técnicos titulados: seis meses.

-Titulados grao superior, contratos prácticas: dous meses.

-Titulados grao medio, contratos prácticas: un mes.

-Contratos de aprendizaxe: quince días.

-Resto do persoal: quince días.

Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador coma a empresa, poderán desistir da proba ou proceder á rescisión do contrato, sen previo aviso nin dereito a indemnización. Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador teña xa desempeñado as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calquera modalidade de contratación.

O traballador desfrutará, durante o período de proba, da retribución que corresponda á categoría profesional do traballo no que se clasificara. O período de proba será computado para efectos de antigüidade.

Superado o período de proba, o traballador pasará a depender da empresa, coa categoría que corresponda en cada caso.

Artigo 12º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal con capacidade física ou intelectural diminuída por idade ou outros inconvientes ocorridos antes da súa xubilación, en destinos axeitados ás súas condicións reais, no caso de que existan estes postos. Igual criterio seguirase con quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Para iso terán en conta as vacantes que se produzan nas seguintes seccións: oficinas de sección industrial, almacén de sección industrial, control de calidade, aseos e vestiarios, podendo cubri-la empresa, entrementres, provisionalmente os ditos postos durante un período máximo de quince días.

Artigo 13º.-Incorporación a outras empresas do grupo.

Os traballadores da empresa Pescanova Chapela S.A. poderán ser destinados a outras empresas do mesmo grupo de empresas, cando existan razóns económicas, organizativas, técnicas ou productivas que o xustifiquen, sempre que se respecten os límites da mobilidade funcional e o traslado non implique cambio de enderezo, e se efectúe dentro da área de influencia de Vigo.

A decisión de incorporación á nova empresa deberáselles comunicar ós afectados e ó comité de empresa cunha antelación de 30 días naturais, agás acordo noutro sentido.

Os traballadores afectados por esta decisión incorporaranse ó cadro de persoal da empresa do seu novo destino, conservando a súa categoría profesional e antigüidade, que se respectará desde o seu ingreso en Pescanova, S.A.

O seu réxime económico será o vixente na empresa de novo destino, pero conservará en todo caso como garantía o seu salario en cómputo anual no momento do traslado, a excepción dos complementos vinculados ó posto de traballo.

En todo caso e como condicións beneficiosas, seralles de aplicación o disposto no artigo 35 sobre complemento de IT do convenio de Pescanova Chapela S.A. de 1994.

O horario será en réxime de quendas (xornada continuada). O persoal traslado a Frinova terá o horario que corresponda segundo o convenio colectivo desa empresa. Os que sexan trasladados a outras empresas do grupo incorporaránse a un réxime horario similar ó de Frinova, S.A. ou Pescanova Chapela, S.A.

No caso de necesidade de persoal fixo en Pescanova Chapela, S.A., terá preferencia de recolocación o persoal trasladado, ó que se lle aplicará na súa integridade o convenio de Pescanova Chapela, S.A.

Se a incorporación prevista neste artigo significase para o traballador un incremento nos seus gastos, debidamente acreditado, a empresa deberá compensarlo por isto. En ningún caso poderán alegarse gastos compensables achacables ó transporte, se a empresa proporciona medio de transporte nas mesmas condicións que a actualidade, aínda que se cambie o horario.

A aplicación deste artigo estará condicionada á existencia de excedente de man de obra na empresa debidamente acreditado. En caso contrario deberá pactarse ou ben individualmente ou ben co comité de empresa.

A empresa comprométese a non utilizar este artigo cando o número de traballadores que se vaia incorporar ás outras empresas do grupo sexa inferior a

cinco, nin na quenda de noite, excepto acordo individual con traballador/es afectado/s.

Este artigo terá carácter obrigacional e perderá a súa vixencia a partir do 31-8-2001.

Artigo 14º.-Excedencias.

Terá dereito á situación de excedencia, todo o persoal afectado polo presente convenio, de acordo coas normas reguladas no Estatuto dos traballadores.

A empresa queda obrigada para o persoal do taller mecánico, factoría e cámaras oficios varios, así como sección industrial, á readmisión dos solicitantes, cando estes a cursasen, polo menos, con dous meses de antelación, sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 15º.-Xornada anual e horario.

A xornada de traballo será de 1.749 horas de traballo efectivo ó ano. Para tal efecto non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.

O tempo de traballo computarase ó inicio e ó final da xornada no posto de traballo.

A xornada anual desenvolverase do seguinte xeito:

Persoal de fabrica e mantemento:

Factoría e mantemento (quenda de mañá):

De luns a venres de 6.45 horas a 14.45 horas, con descanso de quince minutos.

Factoría e mantemento (quenda de tarde):

De luns a vernes de 14.45 horas a 22.45 horas, con descanso de quince minutos.

Factoría e mantemento (quenda de noite-limpeza):

De luns a venres de 22.45 horas a 6.45 horas, con descanso de quince minutos.

Persoal de oficinas:

Primeira quenda:

Horario de inverno: de 8 a 15 horas de luns a venres.

De 8 a 13 horas os sábados.

Horario de verán: de 8 a 14.30 horas de luns a venres.

De 8 a 13 horas os sábados.

Segunda quenda:

Horario de inverno: de 8 a 13.30 e de 14.15 a 16.45 horas.

Horario de verán: de 8 a 15 horas.

O horario do persoal da segunda quenda é de luns a venres.

A xornada intensiva de verán para o persoal de oficinas estenderase desde o 16/6 ó 30/9 para o ano 2000.

Nas cámaras que teñan que estar a -18ºC ou inferiores cunha oscilación de máis ou menos 3º C, a permanencia no interior delas será de 6 horas.

Cada 45 minutos de traballo ininterrompido no interior das cámaras, ou entrando ou saíndo continuamente (carreteiros), concederáselle un descanso de recuperación de 15 minutos.

Completarán a xornada normal en traballos que se realicen no exterior das cámaras.

De mutuo acordo entre a empresa e o comité, realizarase o calendario anual, que abranguerá a relación de días non laborables e período de vacacións efectuando as correccións de horario que sexan pertinentes. Os días 24 e 31 de decembro non serán laborables.

Os horarios de traballo previstos neste artigo axustaránse en función do que resulte do calendario laboral que se pacte, respectando o número de horas efectivas anuais (1.749).

Artigo 16º.-Horas extraordinarias.

É firme vontade de ámbalas partes a reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

Para o suposto de que fora necesaria a súa realización, retribuiranse segundo o valor dunha hora ordinaria incrementada nun 75%.

Para as horas extraordinarias realizadas en sábados, domingos e festivos, o valor das ditas horas incrementarase nun 100%.

Non se terán en conta, para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes ou por causa de forza maior, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratasen de horas extraordinarias.

Consideraránse horas extraordinarias estructurais as realizadas nos seguintes casos:

-Incidencia nas quendas de traballo provocados por licencias retribuídas, ou IT.

-Ausencia imprevista do relevo no traballo a quenda.

-Reparacións perentorias.

-Peches de exercicio contable e confección de orzamentos.

As horas extraodinarias estructurais pactaranse co comité de empresa.

Artigo 17º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá trinta días naturais de vacacións, que se aboarán coa retribución do salario da táboa anexa maila antigüidade. O xeito da súa realización para o persoal da sección industrial será, como o pasado ano, en

dúas quendas voluntarias nos meses de xullo e agosto.

Se por dificultades imprevistas fose preciso efectuar un reaxuste de vacacións estableceranse de mutuo acordo, de xeito que se salven os inconvenientes que poidan afecta-lo normal desenvolvemento do programa da empresa.

En canto ás vacacións do persoal masculino que polo seu traballo debe cubrir postos de mantemento, sala de máquinas e resto do persoal, serán de forma rotativa, de tal xeito que ós que por sorteo lles corresponda unha das datas que elixan, ó ano seguinte corresponderanlle-las datas alternativas.

Todas aquelas persoas que estean en situación de IT durante o período de vacacións, poderá desfrutalas en calquera outra época dentro do ano.

O persoal de oficinas desfrutará as vacacións de acordo co mesmo criterio que ata a data, se ben de forma preferente entre os meses de xuño a setembro.

Artigo 18º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos casos seguintes:

a) Casamento: 15 días naturais.

b) Maternidade da esposa: 3 días naturais.

c) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais, pais políticos, avós, fillos e fillos políticos: 3 días naturais (será preciso xustificante médico acreditativo).

d) Falecemento do cónxuxe, pais, fillos, irmáns, pais e fillos políticos: 4 días retribuídos e 2 sen retribuír, se residen na provincia de Pontevedra; 4 días retribuídos e 1 sen retribuír, se é no resto de Galicia e 5 días retribuídos no resto de España.

e) Falecemento de avós e netos: 2 días.

f) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos: 2 días; sobriños, sobriños políticos, tíos e tíos políticos: 2 días.

g) Por intervención cirúrxica, sen internamento, ou recoñecemento médico de pais, cónxuxes e fillos: 1 día.

h) Por cambio de enderezo: 1 día.

i) Cando haxa que acudir a probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, no que se inclúe a Casa do Mar, con xustificante médico: 1 día.

j) Nacemento dun neto: 1 día

Nos casos que se teña que acompaña-lo cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a Santiago de Compostela por enfermidade: 1 día, fóra da Comunidade Autónoma de Galicia: 3 días; e cando esta saída

fose fóra da Comunidade Autónoma de Galicia a consecuencia de operación ou intervención cirúrxica con internamento: 5 días, acreditándose en todo caso, con certificado médico.

Consulta médica en Chapela: 2 horas; Casa do Mar de Vigo e Redondela: 3 horas; Moaña, Pontevedra, Ponteareas, Salceda, Domaio, Cangas e Meixoeiro: o tempo total da consulta, así como o tempo de desprazamento de regreso, debidamente acreditados.

Concédenselle os mesmos dereitos á/ó compañeira/o ca ó/á esposa/o, tanto nos casos de maternidade como enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente consideraranse días naturais.

Réxime económico

Artigo 19º.-Crecemento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 2000 rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa anexa e que supuxeron un incremento salarial do 1,5%, máis 3.400 pesetas en cada unha das 16 pagas, incrementando o complemento de convenio. O incremento porcentual, é dicir o 1,5%, aplicarase a tódolos conceptos salariais, agás no seguro de accidentes; que neste caso aplicaráselle o 3,5%.

Artigo 20º.-Principios xerais sobre retribución.

Tódolos conceptos salariais que figuran no presente convenio teñen a consideración de retribucións brutas, e sobre elas efectuaranse as correspondentes deduccións por Seguridade Social, IRPF e calquera outra que puidese corresponder por aplicación legal.

Artigo 21º.-Conceptos retributivos.

Salario base.

Complementos salariais.

-Complemento convenio.

-Antigüidade.

-Complemento de asistencia.

-Complemento de tarde.

-Complemento de noite.

-Complemento de traballos especiais.

-Complemento sección corte de peixe.

-Prima por traballo a baixa temperatura.

-Complemento de traballos penosos, insalubres, perigosos.

-Complemento controlista.

-Pagas extraordinarias.

-Bolsa de vacacións.

-Complemento de distancia.

-Axudas de custo.

Salario base.

Salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no convenio e que figura na táboa salarial.

Complementos salariais.

Complemento convenio.

Salario de cualificación por categoría profesional e é o que consta na táboa salarial.

Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, desfrutarán de bienios ó 5% do salario mínimo interprofesional ata o máximo de 18 bienios, segundo o cálculo seguinte:

a) Bienios cumpridos ata o 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional de 37.170 pesetas.

b) Bienios para cumprir a partir do 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumprir tal bienio.

A cantidade resultante de suma-lo calculado nas letras a) e b) configurará o importe da antigüidade adquirida.

A antigüidade computarase desde o 1º de xaneiro do ano no que se cumpra o bienio.

Complemento de asistencia.

Está en relación cos días de asistencia ó traballo e é o que consta na táboa salarial.

Complemento de tarde.

Establécese un complemento por traballar na quenda de tarde, que consistirá na cantidade de 7.600 pesetas mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nesa quenda, que supoñen 361 pesetas/tarde.

Este complemento devengarase nas pagas extras e absorbe as cantidades que se viñan percibindo por este concepto e pola prima de tarde.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que puidese ter algún traballador por estes conceptos, no seu conxunto global.

Complemento de noite.

Incrementarase o complemento actual nun 1,5 %. Este complemento aboarase nas pagas extras.

Complemento de traballos especiais.

Percibirase segundo consta na táboa salarial anexa.

Complemento sección corte de peixe.

Establécese un complemento por traballar na sección de corte de peixe de 10.054 pesetas mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nesa sección, que supoñen 457 pesetas/día. Tamén per

cibirá o dito complemento o persoal que non sexa do equipo e que voluntariamente se incorpore a el.

Complemento por traballo a baixa temperatura.

Establécese esta prima para quen desenvolva o seu traballo no interior de cámaras frigoríficas a temperaturas iguais ou inferiores a -18º C. A esta prima aplicaráselle sempre o aumento acordado en cada convenio, non afectándolle a incidencia do salario mínimo interprofesional. En todo caso, respectaranse no seu conxunto as condicións máis beneficiosas que nestes momentos desfrutan os conductores de carretillas elevadoras, que de acordo con este artigo, percibirán unha prima por día de traballo de 559 pesetas.

Complemento de traballos penosos, molestos, insalubres e perigosos.

A todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima por estes traballos, seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Estes traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo traballado.

Os demais traballadores que eventualmente teñan que realizar traballos desta natureza, percibirán un complemento do 20% do salario base, en proporción ó tempo traballado nestas condicións e mentres realicen dito traballo.

Complemento de controlista.

Establécese un complemento de 250 pesetas por día traballado.

Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio, desfrutará de catro pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, complemento de convenio, complemento de distancia, prima de tarde, complemento traballos especiais e complemento de traballos penosos, maila antigüidade, como se ven facendo ata a data. Estas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo.

b) O día 15 de xullo.

c) O día 15 de outubro.

d) O día 15 de decembro.

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres. A paga correspondente ó 15 de marzo, para o persoal que ingrese durante o ano, farase efectiva o día 31 de decembro, aboándoselle na súa parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal

derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

Bolsa de vacacións.

Recoñéceselle, a todo o persoal afectado polo convenio, unha bolsa de vacacións de 85.000 pesetas, que se fará efectiva coa paga de xullo.

Complemento de distancia.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá, en concepto de complemento de distancia, a cantidade que figura na táboa anexa.

Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de comida de 1.787 pesetas Deberá entón partirse a xornada laboral, considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo circunstancias, para poder realiza-la dita comida. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen dúas ou máis horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.

Nos casos especiais, co consentimento do seu xefe correspondente, se as necesidades do traballo urxente o requiren, poderíase autoriza-lo pagamento da axuda de custo sen a partición da xornada laboral establecida.

Beneficios sociais.

Artigo 22º.-Idade de xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio ós 65 anos de idade, para todo o persoal da empresa, sempre que se reúna os requisitos necesarios para ter dereito á pensión de xubilación do sistema da Seguridade Social.

Ó se produci-la xubilación conforme ó disposto no parágrafo anterior, reconoceráselle ó traballador un premio segundo a seguinte escala:

a) Traballadores cunha antigüidade de 30 anos: catro mensualidades.

b) Traballadores cunha antigüidade de 20 anos: tres mensualidades.

c) Traballadores cunha antigüidade de 15 anos: dúas mensualidades.

d) Traballadores cunha antigüidade de 10 anos: unha mensualidade.

Se a xubilación se anticipa á idade de 65 anos, gratificaráselle con quince días máis por ano de anticipación.

Artigo 23º.-Seguro.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa mediante a

concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiralles os seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:

1.1. Por accidente non laboral.

1.1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador, ou no seu defecto a persoa que el mesmo asignara, percibirán a cantidade de 8.032.329 pesetas.

1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade 8.032.329 pesetas para os primeiros casos, 16.064.657 pesetas para os segundos e 32.129.317 pesetas para os terceiros.

1.2. Por accidente laboral.

1.2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador, ou no seu defecto a persoa que el mesmo asignara, percibirán a cantidade de 8.032.329 pesetas.

1.2.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade 8.032.329 pesetas para os primeiros casos, 16.064.657 pesetas para os segundos e 32.129.317 pesetas para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador, de xeito permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de xeito permanente, para toda profesión ou oficio.

Entenderase por grande invalidez, a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros e entregarase ó comité de empresa unha copia oficial.

Artigo 24º.-Complemento IT.

Cando o persoal da empresa estea en situación de incapacidade temporal, terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando.

Artigo 25º.-Utilización de servicios de comedor.

Todo o persoal da empresa ten dereito ó servicio de cociña e comedores, de acordo coas condicións actuais, dentro do horario establecido para tal efecto.

Artigo 26º.-Tenda de peixe.

Todo o persoal pertencente ó cadro de persoal de Pescanova Chapela, S.A., ou pensionistas desta, terá dereito á adquisición de productos comercializados por Pescanova, S.A., na tenda establecida para o efecto, nas condicións de pagamento seguintes:

a) Pagamento a crédito.

1. Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto do 5%.

2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 20 pesetas/kg.

3. Peixe enteiro/filetes/graneis: prezo de tarifa oficial de Pescanova.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

b) Pagamento ó contado.

1. Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto do 7,5%.

2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 30 pesetas/kg.

3. Peixe enteiro/filete/graneis: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 3 pesetas/kg.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

Cando a empresa faga unha promoción dos seus productos nas grandes áreas de alimentación da zona, esta farase igualmente na tenda da factoría.

Artigo 27º.-Fondo de pensións.

A empresa estudiará un plan de pensións para todo o seu persoal, que no seu momento terá carácter voluntario para os traballadores.

Seguridade e saúde laboral

Artigo 28º.-Principio xeral.

As partes asinantes do presente convenio comprométense a adopta-las medidas necesarias para asegura-la eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos e as condicións de traballo, así como sobre a actitude das persoas.

Artigo 29º.-Recoñecementos médicos.

Levarase a cabo un recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ó traballo, que efectuará o servicio médico de empresa ou unha entidade coa que se concerte tal prestación.

Anualmente e en todo caso sempre que así proceda, efectuaráselles un recoñecemento médico a tódolos traballadores.

Artigo 30º.-Roupa e medios de protección persoal.

A empresa proporcionaralles ós traballadores os medios e roupas de protección persoal que resulten

esixibles para cada situación de risco, e faralles entrega das seguintes pezas de roupa:

Operarios/as e encargados/as:

Par de zocos: 1.

Batas: 2.

Xerseis: 1.

Par de calcetíns: 4.

Mandís de plástico: 2.

Cámaras:

Par de botas illantes: 1.

Pasamontañas: 1.

Xerseis: 1.

Fundas: 2.

Traxe de frío: 1.

Par de calcetíns: 4.

Camiseta de frío: 2.

Mantemento:

Par de botas: 1.

Conxuntos: 3.

Par de calcetíns: 4.

Camiseta de frío: 2.

Xerseis: 1.

Anorak: 1.

Mozos e peóns:

Par de botas: 1.

Fundas: 2.

Par de calcetíns: 4.

Xerseis: 1.

Camiseta de frío: 2.

Resto do persoal:

Batas: 2.

Par de zocos: 1.

A todo o persoal que entre nas cámaras proporcionaráselle a roupa de frío adecuada.

Artigo 31º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiarios axeitados ó traballo que efectúa. En tal caso, a empresa proverá o vestiario correspondente. A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, será consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais de traballo e do estudio técnico-sanitario, oído o comité de saúde da empresa. O dito vestiario será de dous equipos anuais e farase entrega del na primeira quincena do mes de xaneiro.

Debido á mobilidade funcional, a tódolos traballadores que teñan que ocupar postos de traballo a baixa temperatura (paella, filete, etc.) incorporaráselles nos equipos anuais un xersei (modelo Frinova) e uns quentadores.

Dereitos sindicais

Artigo 32º.-Garantías sindicais.

A empresa garantirá o exercicio de tódolos dereitos dos representantes legais dos traballadores recoñecidos no Estatuto dos traballadores, texto refundido (R.D. Lei 1/1995, do 24 de marzo).

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores trimestralmente, logo de aviso e negociación coa empresa.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 33º.-Asembleas.

Os traballadortes de Pescanova Chapela, S.A., ademais do dereito recoñecido no artigo 77 de ET, terán dereito á realización dentro da xornada laboral dun máximo de 3 asembleas ó ano cunha duración non superior a 30 minutos cada unha. A convocatoria e desenvolvemento destas asembleas regularase polo disposto no ET.

Asínase en Chapela, 12 de xullo de 2000.

Táboa salarial 2000

CategoríasSalario baseComplemento

asistencia

Complemento

convenio

Complemento

distancia

Traballos

especiais

Traballos

penosos

Total mesTotal ano

I. Técnicos titulados

Grao sup. e asimilados81.65114.952137.33111.319245.2533.864.240

Técnicos76.92213.533112.96411.162214.5813.379.164

Titulado superior en prácticas

a) Primeiro ano81.65170.899152.5502.440.800

b) Segundo ano81.651105.116186.7672.988.272

CategoríasSalario baseComplemento

asistencia

Complemento

convenio

Complemento

distancia

Traballos

especiais

Traballos

penosos

Total mesTotal ano

Titulado G. medio en prácticas

a) Primeiro ano76.92239.130116.0521.856.832

b) Segundo ano76.922100.882202.2383.182.288

Xefe métodos e tempos76.92213.380100.88211.054202.2383.182.288

II. Técnicos non titulados

Encargados producción76.9227.22580.2279.929174.3032.759.948

Xefe de equipo76.9227.03139.7579.42615.384148.5202.348.196

Encargado/xefe equipo taller76.9227.05467.0889.9227.053168.0392.660.408

Técnico mantemento76.9227.05566.4959.9227.055167.4492.650.964

Encargado mantemento76.9227.05667.5859.927161.4902.555.616

Encargado frigorista76.9227.09460.0419.92915.384169.3702.681.544

Encargado maior76.9227.14360.4119.92915.384169.7892.688.052

Encargado oficios varios76.9227.67841.8669.21015.384151.0602.386.248

III. Administrativos

Xefe de 1ª A76.9229.115125.0839.924221.0443.500.244

Xefe de 1ª B76.9228.052101.4299.924196.3273.109.024

Xefe de 2ª A76.9227.72787.8669.924182.4392.888.116

Xefe de 2ª B76.9227.72480.2479.924174.8172.766.176

Xefe de 3ª76.9227.72476.0309.924170.6002.698.704

Operador76.9227.50163.8899.929158.2412.501.852

Oficial 1ª A76.9225.89567.36410.363160.5442.545.124

Oficial 1ª B76.9225.56163.1569.924155.5632.466.764

Oficial 2ª A76.9225.27759.7729.924151.8952.409.212

Oficial 2ª B76.9224.69051.4059.924142.9412.268.296

Auxiliar76.9224.12237.2689.924128.2362.035.288

Auxiliar de entrada76.9223.04724.6639.924114.5561.820.708

Axudante de laboratorio76.9224.12240.2789.924131.2462.083.448

IV. Mantemento

Oficial 1ª76.9227.05660.8929.927154.7972.448.528

Oficial 2ª76.9227.00048.9829.927142.8312.257.296

Oficial 3ª76.9227.00043.0959.9277.692144.6362.286.176

Albanel oficial76.9227.00041.9119.927135.7602.144.160

Electricista 1ª76.9227.00060.7279.9277.692162.2682.568.288

Electricista 2ª76.9227.00049.5189.9277.692151.0592.388.944

Especialista taller mecánico76.9226.98744.2729.922138.1032.181.700

Especialista albanel76.9226.98741.9109.922135.7412.143.908

Oficial 1ª axustador76.9227.05460.8929.922154.7902.448.424

Oficial 2ª axustador76.9227.00048.9829.922142.8262.257.216

Oficial 1ª torneiro76.9227.05660.8919.922154.7912.448.432

Oficial 2ª torneiro76.9227.00047.6649.922141.5082.236.128

Oficial 2ª soldador76.9227.00047.6649.922141.5082.236.128

V. Sala de máquinas

Frigorista76.9227.03143.9869.9227.692145.5532.300.724

Axudante frigorista76.9227.03134.9899.9227.6927.692144.2482.279.844

Mecánico frigorista76.9226.47559.0799.922152.3982.412.468

VI. Factoría-oficios varios

Especialista fabricación76.9228.61526.6839.0713.267124.5581.958.468

Operaria/o76.9227.58326.6837.0383.132121.3581.911.396

Especialista oficios varios76.9226.99027.7189.16115.384136.1752.150.840

Especialista cámaras76.9226.98727.7189.92215.384136.9332.162.980

Mozo76.9226.96825.3559.21015.384133.8392.113.552

Peón76.9225.82635.0149.927127.6892.019.720

Cociñeiro maior76.9227.42070.2359.92215.384179.8832.848.448

Cociñeiro comedor76.9227.02146.0539.9227.692147.6102.333.676

2ª cociñeiro76.9227.30141.8959.9277.692143.7372.270.588