Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T., C.T., R.B.T. Costeira Redondela (concello de Redondela), a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 282/1998 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícito a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 12 de abril de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico), que o día 20 de decembro de 2000, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Redondela, sinalados cos números:

Predios: 1-2.

Hora: 10.

Día: 20-12-2000.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles, terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario á súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 9 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/282Provincia: Pontevedra

L.M.T., C.T., R.B.T. CosteiraConcello: Redondela

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1RodolloLabradíoManuel Figueroa Figueroar/ Padrón-Sajamonde, 6, 36816 Redondela160300

2RodolloLabradíoJosefa Álvarez LagoNegros, 36800 Redondela160300