Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación A Devesa, no concello de Rodeiro (provincia de Pontevedra), por parte de José Ramón González López.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que José Ramón González López, con domicilio en r/ Ponte, 4, Lalín, presentou nesta delegación provincial, o día 24 de maio de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación A Devesa, de 11 cuadrículas mineiras para recursos de sección C) granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Rodeiro, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2864, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 58' 20''42º 40' 00''

Vértice 27º 57' 00''42º 40' 00''

Vértice 37º 57' 00''42º 39' 20''

Vértice 47º 57' 20''42º 39' 20''

Vértice 57º 57' 20''42º 39' 00''

Vértice 67º 58' 20''42º 39' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 3 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra