Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/194-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. As Curuxeiras (modificado).

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña forrada aérea a 20 kV de 266 m coa orixe no apoio nº 1 da L.M.T. existente

ó C.T. existente bombeo de auga polígono e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V nas Curuxeiras. Rede de baixa tensión do C.T.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar, de non chegaren as partes a un acordo amigable, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán prsenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Ourense, 28 de setembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/194. Provincia: Ourense.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. As Curuxeiras.Termo municipal: Ourense.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1aFonteiriñasMonte altoAlfonso Fernández15 Rue Charron-Aubervillieres

93300 París-Francia

2,3496500