Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos de obra.

En cumprimento do previsto no artigo 93 da Lei 13/1995 (R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se identifican a continuación:

-Ampliación de talleres do Instituto de Ensino Secundario das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones M. Pita, S.L.

Orzamento: 21.870.350 pesetas.

-Ampliación do CEIP Bispo Guerra Campos en Bertamiráns-Ames (A Coruña).

Adxudicatario: Constructora Josybem, S.L.

Orzamento: 86.202.143 pesetas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas (R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria