Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.643

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de outubro de 2000 pola que se nomea funcionario en prácticas do corpo de mestres a un opositor seleccionado no procedemento selectivo convocado pola Orde do 6 de maio de 1992 (Diario Oficial de Galicia do 7 de maio) e está ocupando vacante dotada orzamentariamente.

Pola Orde do 6 de maio de 1992 (DOG do 7) convocouse procedemento selectivo de acceso ó cor

po de mestres, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez rematado o aprazamento da fase de prácticas, solicitado polo interesado, e de conformidade co disposto no punto 40 da citada orde, os aspirantes que resulten seleccionados deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo e terá por obxecto a valoración da súa aptitude para a docencia.

Existindo vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionario en prácticas o opositor destinado nunha daquelas e que aparece no anexo que se xunta.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionario en prácticas do corpo de mestres o aspirante que se cita no anexo da presente orde.

Segundo.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2000.

Terceiro.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro, (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Cuarto.-No caso de que o funcionario en prácticas estea prestando servicios remunerados na Administración como funcionario de carreira ou interino, contratado administrativo ou como persoal laboral sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións en tanto persista a súa condición de funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Quinto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e dictará as instruccións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Especialidade: matemáticas e c. naturais.

Apelidos e nome: Rodríguez Andelo, José Manuel.

DNI: 35.318.123.