Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.643

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de conformidade co punto terceiro da Resolución do 16 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 108, do 5 de xuño), listas A1 e A2.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública, dictou, con data do 11 de outubro de 2000, resolucións estimatorias dos recursos formulados respectivamente por Antonio Manuel Aguión Fernández e Alfonso Gutiérrez-Maturana Camañes, con

tra a Resolución do 23 de xuño de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de conformidade co punto terceiro da Resolución do 16 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 108, do 5 de xuño), listas A1 e A2.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede darlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas nas listas publicadas por Resolución do 23 de xuño, no sentido de que deben figurar na lista A2 para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, cos datos seguintes:

Antonio Manuel Aguión Fernández, DNI: 32.810.778, lista A2, puntuación: 208,689 puntos, no posto número 30 para o ámbito D1500.

Alfonso Gutiérrez-Maturana Camañes, DNI: 24.903.334, lista A2, puntuación: 167,703 puntos, no posto nº 43 para o ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública