Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.612

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 201/2000, interposto por Froilán Provecho Baro.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número tres da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 201/2000, interposto por Froilán Provecho Baro, contra a Orde do 14 de febreiro de 2000, pola que se resolve definitivamente a primeira fase do concurso para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma (DOG nº 35, do 21 de febreiro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública