Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra que se cita.

Obxecto: proxecto de recollida de augas pluviais, mellora do firme da entrada principal da vila e iluminación indirecta dos soportais.

Orzamento: 22.310.878 pesetas.

Información: secretaría municipal.

Presentación: trece días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no BOP e DOG de 10 a 14 horas, tomando como día de inicio o seguinte ó da derradeira publicación. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Portomarín, 14 de novembro de 2000.

Cándido López Vázquez

Primeiro tenente de alcalde