Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

CONVOCATORIA dunha praza de garda da policía local incluída na oferta de emprego público de 2000.

Por resolución da alcaldía nº 206/2000 de 2-11-2000, aprobáronse as bases da convocatoria para a provisión dunha praza de garda da policía local incluída na oferta de emprego público deste concello para 1998, que a continuación se relaciona:

1. Funcionarios de carrera.

Grupo segundo o artigo 25 da Lei 39/1984: D.-Clasificación: escala de Administración especial,

subescala servicios especiais.-Clase: policía local.-Nº de vacantes: unha.-Denominación: garda.

O contido íntegro das bases atópase publicado no BOP da Coruña, nº 260, do 13 de novembro.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación dun estracto da convocatoria no BOE.

Cariño, 14 de novembro de 2000.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde