Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.574

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2000 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 00/021, de catedrático de universidade, convocada por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondientes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 00/021, de catedrático de universidade, convocada por Resolución rectoral do 26 de abril de 2000 (BOE do 23 de maio), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 3 de novembro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: ciencias da computación e intelixencia artificial.

Praza nº: 00/021.

Comision titular:

Presidente: Maravall Gómez-Allende, Darío, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Ríos Carrión, Juan, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocais:

Trillas Ruiz, Enrique, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Martín Rubio, Fernando, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Rubio Royo, Enrique, catedrático de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Comision suplente:

Presidente: Alonso Amo, Fernando, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Borrajo Millán, Daniel, catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Vocais:

Mayor Forteza, Gaspar, catedrático de universidade. Universidade de Balears.

Moral Callejón, Serafín F., catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Valverde García, Lorenzo, catedrático de universidade. Universidade de Balears.