Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.E. II-08 Coruña (expediente 4210/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 19 de outubro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización que desenvolve a modificación do estu

dio de detalle da U.E.II-08 Coruña (expediente 4210/401), presentado pola entidade Hijos de Ismael Rodríguez, S.L., redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estéllez, con visados do seu colexio profesional de datas 17-3-2000, 25-5-2000 e 17-8-2000.

Segundo.-Antes do inicio das obras e como condición suspensiva dos efectos do presente acordo de aprobación definitiva, a interesada deberá presentar un aval polo 100% do orzamento das obras e que ascende a 42.617.415 pesetas.

Terceiro.-Á vista do informe do xefe de Patrimonio Histórico, do 16 de xuño de 2000, referido nos antecedentes deste acordo, inicie esta administración municipal as actuacións encamiñadas á adquisición amigable do hórreo existente na parcela sinalada co nº 10 da primeira travesía da rúa Coruña, coa advertencia á interesada de que o hórreo ten presuntamente carácter de ben de interese cultural e que calquera opción de desmontaxe ou desprazamento deberá ser previamente autorizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Cuarto.-Continúen os servicios de Xestión e Disciplina Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo as actuacións iniciadas conducentes ó remate da ampliación da primeira travesía da rúa Coruña, co fin de contar cun viario completo nas condicións que prevé o vixente PXOU de Vigo.

Quinto.-Somete-lo acordo de aprobación definitiva do proxecto a publicación no DOG e no BOP, así como con notificación persoal ós interesados.

Contra o devandito acordo, que pon fín a vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade con artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado domicilio respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 8 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo