Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do servicio de vixilancia de exposicións e dependencias culturais do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura. Nº expediente: 6465/331.

2. Obxecto do contrato: descrición: vixilancia de exposicións e actividades e o mantemento de instalacións de seguridade das dependencias de Cultura.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 45.251.800 pesetas (271.968,80 euros).

5. Garantías: provisional: 905.306 pesetas.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo III, subgrupo 2, categoría b.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administracións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: no se admiten.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións administrativas.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 2 de novembro de 2000.

Lois Pérez Catrillo

Alcalde