Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA DE PIQUÍN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ribeira de Piquín.

2. Obxecto do contrato.

a) Obxecto: execución das obras de accesos a distintos núcleos de poboación.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 15.375.178 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 307.504 ptas.

b) Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Ribeira de Piquín, Chao do Pousadoiro, s/n. CP 27242. Teléfono 982 33 36 01, ata o día anterior ó do remate da presentación de proposicións. Horario de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Lugar de presentación: Concello de Ribeira de Piquín, Chao do Pousadoiro, s/n.

b) Data límite de presentación: trece días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, ás 14 horas. A proposición económica axustarase ó modelo que figura no prego.

c) Documentación que se presentará: a sinalada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

Será realizada pola mesa de contratación, na casa do concello, ás dez horas do día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

11. Criterios de adxudicación do concurso.

Os establecidos no prego.

Ribeira de Piquín, 15 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado