Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de pavimentación do camiño de acceso á igrexa de Verducido.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: comisión de goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicio de contratación.

2. Obxecto da licitación.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia. b) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación: 11.250.000 pesetas. incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías.

a) Provisional: 225.000 pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono/fax: 986 80 43 00/986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos de información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Gastos.

Serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 6 de outubro de 2000.

Julio Dapena Outomouro

Secretario xeral do Concello de Pontevedra

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde do Concello de Pontevedra