Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C., estr. do Faro Castillo.
Situación: Camariñas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV en DC de 605 m de lonxitude que parte da L.M.T.S. a Faro Touriñán e final no C.T. prefabricado de 400 kVA denominado Faro Castillo, en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm de Al e adaptación á rede de baixa tensión existente. Concello de Camariñas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;
tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 6 de outubro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña