Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: reforma C.T. San Francisco.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: reforma do C.T. San Francisco a tensión de 20 kV, substituíndo as celas convencionais por celas compactas e trafo de 400 kVA. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 4 de outubro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña