Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.527

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 30 do grupo III (programador/a) (lista B) publicada por Resolución do 7 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 138, do 17 de xullo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 30 do grupo III (programador/a) (lista B) publicada por Resolución do 7 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 138, do 17 de xullo), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicadas no sentido de:

-Incluír a Mª José Lombardero Codesal, con DNI nº 11.405.140 no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 10, cunha puntuación de 1,650 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública