Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.527

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de novembro de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Escola Galega de Administración Pública.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Escola Galega de Administración Pública, mediante Orde do 19 de setembro de 2000 (DOG nº 195, do 6 de outubro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se cita no anexo I desta orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicio, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, a correspondente dilixencia de cesamento e toma de posesión, da que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

NRP: 7670278813 A2051.

Apelidos e nome: Núñez Rodríguez, Guillermina.

Grupo: B.

Corpo: Xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Código do posto: PR.A01.00.000.15770.016.

Denominación: xefe do Servicio de Selección, Formación, Perfeccionamento e Especialización do Persoal da Administración local.

Nivel: 28A.

Dependencia: Escola Galega de Administración Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.