Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 21 de novembro de 2000 Páx. 15.518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2000, conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente, polo que se adxudican as prórrogas das bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, correspondentes ó Programa de Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas no anexo IV da Orde do 26 de abril de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 87, do 8 de maio).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente do 26 de abril de 2000 (DOG do 8 de maio) aprobaba as bases que rexerán, entre outras, a convocatoria de prórrogas das bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán (anexo IV), correspondente ó Programa de Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 8 das bases da convocatoria,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concederlles prórrogas das bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán ás persoas que se relacionan no anexo da presente resolución.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 26 de abril de 2000 (DOG do 8 de maio), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Terceiro.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 26-4-2000,P.D.(Orde 26-4-2000,

DOG do 8 de maio)DOG do 8 de maio)

Miguel A. Ríos FernándezJuan J. Casares Long

Secretario xeral deDirector do Centro de Información

Investigación e Desenvolvementoe Tecnoloxía Ambiental

ANEXO

ApelidosNomeDNI

Núñez CastroMª del Mar33.334.148H

Cogolludo AgustínMiguel Ángel50.852.825D

Durán CarrilMª Victoria35.453.291X

Ortega MeneLuis Esteban32.829.233E

Sánchez-Biezma SerranoMª José33.267.446Q

Cacheiro PoseMónica32.822.173T