Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO MORRAZO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da concesión de servicio público da prerrecolla, recolla, transporte e tratamento de residuos sólidos urbanos dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña da Mancomunidade de Concellos do Morrazo.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Mancomunidade de Concellos do Morrazo.

Dependencia: secretaría.

2. Obxecto e prazo do contrato.

Obxecto: xestión do servicio público de prerrecolla, recolla, transporte e tratamento de residuos sólidos urbanos dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña da Mancomunidade de Concellos do Morrazo.

Prazo do contrato: 20 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente/manterse o prazo de presentación de proposicións en 15 días naturais.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento.

Prezo total: 40.480.000 pesetas, IVE incluído.

Prezo anual: 274.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 40.000.000 de pesetas.

Definitiva: 200.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Obtención de documentación: Copistería Arteplán, avda. Méndez Núñez, 27, Cangas. Teléfono: 986 30 32 66.

Información: rexistro xeral da Mancomunidade de Concellos do Morrazo (Concello de Cangas, 2ª planta) Paseo Daniel Castelao nº 2 Cangas. Teléfono: 986 39 26 76. Fax: 986 30 48 50.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

*Acredita-la solvencia económica e financeira na forma seguinte:

-Informe de 2 institucións finaceiras.

-Balance e conta de resultados da sociedade dos exercicios 1998 e 1999.

*A solvencia técnica acreditarase:

-Na forma prevista no artigo 19 b) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentanción: a esixida na cláusula XIV do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: rexistro xeral da Mancomunidade de Concellos do Morrazo (Concello de Cangas, 2ª planta) Paseo Daniel Castelao nº 2 Cangas.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Casa do Concello de Cangas, sede da mancomunidade, Paseo Daniel Castelao nº 2 Cangas.

Data e hora: 10 horas do terceiro día hábil seguinte non sábado o día no que remate o prazo de presentación de proposicións. No suposto de que nesa data non se tiveran recibido as proposicións, que, precedendo aviso, se tivesen enviado por correo, o acto de apertua aprazarase ata o día seguinte ó de recepción da última delas, notificándose esta circunstacia ós licitadores.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á cláusula XIV do prego de condicións administrativas.

11. Gastos de anuncios.

A conta do adxudicatario.

Cangas, 10 de novembro de 2000.

José Enrique Sotelo Villar

Presidente da Mancomunidade do Morrazo