Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2000 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras do POL 2000.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras:

1. Alargamento e mellora de trazado C.P. 2908 Arcade-Amoedo; 148.304.403.

2. Mellora C.P. 2304 Donas-Mañufe, Ponte Río Miñor (Gondomar-Nigrán): 33.717.357.

3. C.P. 9701 Baión-András (Vilanova de Arousa): 25.000.000.

(A obra nº 1 executarase por anualidades, anualidade 2000: 28.304.403 pesetas; anualidade 2001: 60.000.000 de pesetas; e anualidade 2002: 60.000.000 de pesetas).

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: obra nº 1: grupo A, subgrupo 2, categoría d; grupo G, subgrupo 4, categoría d; obra nº 2: grupo B, subgrupo 2, categoría c; grupo G, subgrupo 4, categoría a; obra nº 3: grupo G, subgrupo 4, categoría c; grupo A, subgrupo 2, categoría c.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do plazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 9 de novembro de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado