Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/139-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 19, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Agrís.

Situación: Negreira.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 512 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Campolongo (expediente 50082) e final no C.T. Agrís, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 455 m de lonxitude que se conectarán a instalacións existentes. Negreira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria

e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 10 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña