Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.471

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE AVILÉS

CÉDULA de citación (352/2000).

Eu, Emeteria Quiñones Campo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous de Avilés, fago saber que en autos nº 352/2000 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Moisés Rodríguez Dacuña contra a empresa Estructuras de Madera Canadiense, S.L., Luciano Barrera Marín, como administrador de Estructuras de Madera Canadiense, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, cítase o legal representante de Estructuras de Madera Canadiense, S.L. e a Luciano Barreda Marín, como administrador de Estructuras de Madera Canadiense, S.L., para a realización do acto de conciliación e xuízo, se é o caso, que terá lugar o día 11 de decembro de 2000, ás 10.20 horas, na sala de audiencias deste Xulgado do Social número dous de Avilés, sito na rúa Marcos del Torniello, 27-4º, prevíndoo de que deberá comparecer cos medio de proba dos que intente valerse e advertíndoo de que o acto terá lugar aínda que non compareza.

Igualmente, fáiselle saber que na secretaría deste xulgado se atopan á súa disposición copias do escrito de demanda e documentos acompañados, así como as resolucións dictadas, contra as que cabe recurso

de reposición ante este mesmo órgano, no termo de tres días desde a súa notificación.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia ou se se trata de emprazamento.

E para que lle sirva de citación en legal forma ó legal representante de Estructuras de Madera Canadiense, S.L., Luciano Barreda Marín, como administrador de Estructuras de Madera Canadiense, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Avilés, 10 de novembro de 2000.

A secretaria xudicial

Rubricado