Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.471

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (24/2000).

En virtude do acordado por Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido en resolución do día da data, dictada no xuízo de faltas núm. 24/2000, que se segue ante este xulgado sobre falta do artigo 636 do Código penal, cítanse os denunciados Raquel Viturro Vicente e Jesús Vilas Fernández, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que comparezan ante este xulgado o vindeiro día 12 de decembro, ás 10.15 horas, co obxecto de asistir ó correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que intenten valerse, facéndose sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952. Poden ser asistidos de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino en Noia o vinte de outubro de dous mil.

O secretario

Rubricado