Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1605/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do 26 de outubro de 2000 adoptou, entre outros o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de tramo da rúa Soutelo Peliquín de Ourense, por instancia de José Luis Fernández Díaz, coas condicións sinaladas polos servicios de enxeñería e servicio eléctrico, do que se dará traslado ó interesado e logo de constitución de garantía na cantidade de 1.170.000 ptas. (un millón cento setenta mil pesetas)

para responder da execución das obras e o seu mantemento ata a recepción destas por parte do concello.

De conformidade co disposto no art. 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no art. 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de novembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde