Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación. Procedemento ordinario, coa forma de concurso con carácter urxente.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de: saneamento de Goimil.

b) Lugar de execución: Monterroso.

c) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 6.556.900 pesetas.

5. Garantías.

Provisoria: 131.138 pesetas.

Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Monterroso, praza de Galicia, 1. Código postal: 27560. Monterroso (Lugo). Teléfono: 982 37 70 01.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobra A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego. Neste sobre incluirase, ademais, a documentación que se establece na cláusula 11.1 do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica, conterá a documentación a que se refire a cláusula 11.2 do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Monterroso, praza de Galicia, 1. 27560. Monterroso (Lugo).

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

c) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (mellora de calidades) como cuantitativas (novas unidades de obra). Estas variantes deberán de formularse de conformidade con canto se establece na cláusula 11.1.d) do prego.

d) Criterios de adxudicación: o baremo que se aplicará é o establecido na cláusula 14ª do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Monterroso, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Monterroso, 14 de novembro de 2000.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente