Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de setembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Pallota, a favor dos veciños de Pallota, Parada e Outeiro, no concello de Vilar de Santos.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión do 15-12-1999, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común, comezado o 11-5-1988, do monte denominado Pallota e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miguel Ángel González Trigás.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Vilar de Santos.

Nome do monte: Pallota, corresponde á parcela nº 555 da concentración parcelaria de Vilar de Santos, Sandiás (Vilar de Santos, Sandiás, Ourense).

Comunidade propietaria: Parada, Outeiro e O Vieiro.

Superficie: catro hectáreas e vintecinco áreas, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Francisco Martínez Alonso, camiño e outros propietarios.

Sur: estrada C-531 de Celanova a Xinzo de Limia, camiño, José Nogueiras Jardón e outros propietarios.

Leste: Celso Meire Quintas.

Oeste: Juan Manuel Nogueiras Jardón, Manuel Morgade Gómez e zona excluída.

Esta leira ten encravada unha construcción, tal e como se reflicte no plano adxunto. Esta leira está cruzada por unha conducción subterránea de auga, tal e como se reflicte no plano adxunto.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 25 de setembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense