Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.408

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de agosto de 2000 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 167, do 29 de agosto de 2000, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 12.374, anexo I, no epígrafe 4.5 correspondente ós cursos: «a xestión dos residuos no ámbito agrario galego» e «a producción integrada como sistema de explotación na producción agraria galega», onde di: «Número de prazas: 20», debe dicir: «Número de prazas: 25».