Recibida providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 187/2000, interposto por Juan Carlos Pedreira González, contra o acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as centrais sindicais UGT, SPJ-USO e CC.OO., con representación entre o persoal da Administración de xustiza destinado nesta comunidade, para a mellora do servicio público da xustiza no marco da disposición adicional novena do Real decreto 1616/1989, do 29 de decembro, modificada polo R.D. 668/1999, do 23 de abril.
A Dirección Xeral de Xustiza, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e se emprazan para que poidan comparecer como parte
ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.
Mª Reyes Carabel Pedreira
Directora xeral de Xustiza