Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do escrito de rectificación do artigo 21 do convenio colectivo da empresa Euroinversiones Last Teardrot, S.L. (Aguas de Sousas, S.A.) de Ourense.

Visto o texto do escrito levantado pola comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Euroinversiones Last Teardrot, S.L. (Aguas de Sousas, S.A.) de Ourense (código de convenio 3200032-publicado no BOP nº 23, do 29 de xaneiro de 2000), para corrixi-lo erro advertido na redacción dada ó texto do artigo nº 21 do citado convenio colectivo, con entrada nesta delegación provincial, subscrito pola comisión negociadora o día 26-7-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e déposito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no rexistro de convenios desta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediacion, Arbtiraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 29 de setembro de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

En Ourense o 26 de xuño de 2000, reunido o comité de empresa de Euroinversiones Last Teardrot, S.L. (Aguas de Sousas, S.A.) solicita:

Á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais que teña a ben rectifica-lo convenio colectivo da dita empresa, que tivo entrada nesa delegación provincial o día 4-2-2000, co código 3200032, publicado no BOP o día 29 de xaneiro de 2000 e, en consecuencia e advertido erro no texto do seu artigo 21, en tanto que a súa redacción debe quedar como segue:

«Cando o traballador se encontre en incapacidade como consecuencia dun accidente de traballo, percibirá o 100% do salario que viña percibindo a partir do día seguinte ó de se produci-lo dito accidente.»

«Cando o traballador se encontre en incapacidade temporal como consecuencia dun accidente non laboral, enfermidade común ou enfermidade profesional, percibirá o 100% do salario que viña percibindo a partir da segunda semana consecutiva que se encontre nesa situación».

Xúntase a este escrito copia da acta de negociación do convenio colectivo subscrita en Ourense, o día 3 de decembro de 1999, que no seu punto primeiro di: «que se asume o texto do convenio colectivo de Aguas de Sousas, S.A., en canto ás condicións sociais que rexían nel.»

Polo exposto, pregámoslle á consellería que teña a ben publicar esta rectificación nos preceptivos BOP e DOG.

Asinado: a comisión negociadora.