Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO de concursos con procedemento aberto.

-Obxecto: execución das obras do proxecto de accesos a núcleos de poboación en Robra, San Lourenzo e San Tomé.

Orzamento de contrata: 12.286.991 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: seis meses a partir da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional: 245.740 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: na secretaría do concello.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

-Obxecto: execución das obras do proxecto de abastecemento de auga a Francos, 1ª fase.

Orzamento de contrata: 7.543.190 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: tres meses a partir da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional: 150.864 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: secretaría do concello.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Outeiro de Rei, 8 de novembro de 2000.

José Pardo Lombao

Alcalde