Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MURAS

ANUNCIO de licitación para a contratación da obra: accesos a distintos núcleos de poboación en varias parroquias.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Muras.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de accesos a distintos núcleos de poboación en varias parroquias.

b) Lugar de execución: Muras.

c) Prazo de execución: catro meses, a partir da data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 19.977.315 pesetas; (120.066.08 euros) (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento: 399.546 pesetas; (2.401,32 euros).

Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Muras (Secretaría).

b) Domicilio: Praza da Galeguidade 3.

c) Localidade e código postal: 27836 Muras.

d) Teléfono e fax: 982 50 00 01 e 982 50 00 63.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas:

a) Prazo: de 9 a 14 horas, durante trece días naturais contados a partir da publicación do anuncio de licitación no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de cláusulas económico administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Muras (rexistro xeral).

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Muras. Salón de sesións.

b) Data: día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, non coincidente con sábado; en tal caso faríase o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: trece horas.

9. Gastos. serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios, así como outros que se deriven da formalización do contrato.

Tendo en conta que se encontra sometido a información pública o prego de condicións económico administrativas que rexerá esta contratación, por medio deste anuncio faise saber que, de se presentaren reclamacións contra os citados documentos dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución. Neste caso, publicarase un novo anuncio, no BOP de Lugo, con indicación da data límite de presentación das ofertas.

Muras, 3 de novembro de 2000.

Issam Alnagm Azzam

Alcalde-presidente