Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións SCS-22/2000: adquisición do equipamento de cociña con destino ó Hospital Abente e Lago da Coruña. (Lote único).

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlle publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

1. Adquisición do equipamento de cociña con destino ó Hospital Abente e Lago da Coruña. (Lote único).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS-22/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de cociña.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 69, do 7 de abril e BOE nº 78, do 31 de marzo e DOCE S61, do 28 de marzo de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e nove millóns novecentas noventa e cinco mil oitocentas vintecinco pesetas, IVE incluído (49.995.825 pesetas, IVE incluído), 300.480,96 euros.

Lote único: 49.995.825 pesetas, 300.480,96 euros.

Adxudicación:

Lote único: equipamento de cociña.

a) Data: 6 de xuño de 2000.

b) Contratista: Daviña, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta e nove millóns setecentas catro mil novecentas quince pesetas, IVE incluído (39.704.915 pesetas, IVE incluído). (238.631,35 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos