Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións SCS-21/2000: adquisición do equipamento de alta tecnoloxía con destino a varios hospitais da Comunidade Autónoma galega. (13 lotes).

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlle publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

1. Adquisición do equipamento de alta tecnoloxía con destino a varios hospitais da Comunidade Autónoma galega. (13 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS-21/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de alta tecnoloxía.

c) Lote: 13 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 70, do 10 de abril de 2000 e BOE nº 81, do 4 de abril e DOCE S63, do 30 de marzo de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: novecentos trinta e seis millóns oitocentas mil pesetas, IVE incluído (936.800.000 pesetas, IVE incluído), 5.630.281,39 euros.

Lote nº 1: 350.000.000 de pesetas, 2.103.542,37 euros.

Lote nº 2: 162.500.000 pesetas, 976.644,67 euros.

Lote nº 3: 136.000.000 de pesetas, 817.376,46 euros.

Lote nº 4: 85.000.000 de pesetas, 510.860,29 euros.

Lote nº 5: 60.000.000 de pesetas, 360.607,26 euros.

Lote nº 6: 40.000.000 de pesetas, 240.404,84 euros.

Lote nº 7: 34.000.000 de pesetas, 204.344,12 euros.

Lote nº 8: 23.000.000 de pesetas, 138.232,78 euros.

Lote nº 9: 9.000.000 de pesetas, 54.091,09 euros.

Lote nº 10: 9.000.000 de pesetas, 54.091,09 euros.

Lote nº 11: 5.000.000 de pesetas, 30.050,61 euros.

Lote nº 12: 3.300.000 pesetas, 19.833,40 euros.

Lote nº 13: 20.000.000 de pesetas.120.202,42 euros.

Adxudicación:

Lote nº 1: resonancia magnética.

Lote nº 3: TAC espiral.

Lote nº 7: sistema de arquivo e xestión de imaxes radiolóxicas (PAC'S).

Lote nº 8: RX suspensión de teito.

Lote nº 9: mamógrafo.

Lote nº 10: radioquirúrxico.

Lote nº 11: ortopantomógrafo.

Lote nº 12: portátil de raios X.

a) Data: 25 de agosto de 2000.

b) Contratista: Ge Medical Systems España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincocentos sesenta e nove millóns trescentas mil pesetas, IVE incluído (569.300.000 pesetas, IVE incluído), (3.421.561,91 euros).

Lote nº 2: telemando dixital.

Lote nº 4: sala vascular dixital.

a) Data: 25 de agosto de 2000.

b) Contratista: Philips Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos corenta e sete millóns cincocentas mil pesetas, IVE incluído (247.500.000 pesetas, IVE incluído), 1.487.504,96 euros.

Lote nº 5: telemando dixital multifunción (intervencionista).

a) Data: 25 de agosto de 2000.

b) Contratista: Toshiba Medical Systems, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: sesenta millóns de pesetas, IVE incluído (60.000.000 de pesetas, IVE incluído), 360.607,26 euros.

Lote nº 6: sala radioloxía de electrofisioloxía.

a) Data: 25 de agosto de 2000.

b) Contratista: Toshiba Medical Systems, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: corenta millóns de pesetas, IVE incluído (40.000.000 de pesetas, IVE incluído), 240.404,84 euros.

Lote nº 13: microscopio electrónico.

a) Data: 4 de xullo de 2000.

b) Contratista: Philips Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinte millóns de pesetas, IVE incluído (20.000.000 de pesetas, IVE incluído), 120.202,42 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos