Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de setembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Cagarreto, a favor dos veciños de Parada, no concello de Vilar de Santos.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión do 15-12-1999, reinicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común, comezado o 11-5-1988, do monte denominado O Cagarreto e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miguel Ángel González Trigás.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Vilar de Santos.

Nome do monte: O Cagarreto, corresponde á parcela nº 1003 da concentración parcelaria de Vilar de Santos, Sandiás (Vilar de Santos, Sandiás, Ourense).

Comunidade propietaria: Parada.

Superficie: tres hectáreas e corenta e oito áreas, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Francisco Conde Losada, José Nogueiras Fernández, Manuel Jardón Pérez e camiño.

Sur: con camiño.

Leste: José Manuel Jardón Pérez e outros propietarios doutros predios.

Oeste: Camila Quintas Fernández.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 25 de setembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense