Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 2 de novembro de 2000 pola que se exclúen do catálogo de montes de utilidade pública varios montes da provincia de Lugo.

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e á vista do disposto no artigo 13 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública, por quedar firme a resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en man común que os clasifica como veciñais en man común, os que se relacionan seguidamente:

Número: 58-1.

Concello: Pantón.

Nome: Sobreira.

Pertenza: Vilar de Ortelle.

Límites.

Norte: predios da parroquia.

Leste: predios da parroquia.

Sur: rego de Aguianzo.

Oeste: predios particulares.

Especie: carpaza e queiroga.

Cabida total: 80 ha.

Cabida forestal: 80 ha.

Número: 58.

Concello: Pantón.

Nome: Sampaio.

Pertenza: parroquia de Santiago de Cangas e outros.

Límites.

Norte: con predios particulares.

Leste: con predios particulares.

Sur: con predios particulares.

Oeste: con predios particulares.

Especie: queiroga.

Cabida total: 940 ha.

Cabida forestal 940 ha.

Número: 68.

Concello: Quiroga.

Nome: río Cabanas.

Pertenza: parroquia de San Salvador de Pacios da Serra.

Límites.

Norte: con monte público de Folgoso, Vilarvacio e Santa Eufemia.

Leste: con monte público de Folgoso, Vilarvacio e Santa Eufemia.

Sur: con predios particulares.

Oeste: con monte público de Penas Rubias.

Especie: queiroga.

Cabida total: 110 ha.

Cabida forestal: 110 ha.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que se coide pertinente.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente