Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 18 de outubro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 00/601-5 e 664-5).

De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, r\ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000601-5.

Denunciado: José Mª González Besada.

DNI: 76.988.072.

Enderezo: Bº Galisteo nº 8-Mañufe, Gondomar.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000664-5.

Denunciado: Óscar Barreiro Fernández.

DNI: 76.868.949-M.

Enderezo: Sol, 38, O Grove.

Vigo, 18 de outubro de 2000.

José Carlos Mata Domínguez

Instructor