Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/228-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento Facultade de Ciencias.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente A Caeira (MUR 810) alimentando en bucle o centro de seccionamento que se proxecta na Facultade de Ciencias, rematando no punto de inicio da liña. Centro de seccionamento cun conxunto de celas compactas SF6 (3L). Concello de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra